Proceso algorítmico polo que pasa unha mensaxe para volverse inintelixible para terceiros que non teñan o algoritmo que recupere a mensaxe orixinal.
Categoría Gramatical:
substantivo feminino (perola)
Exemplo:
Antigamente utilizábase a cifraxe por substitución, pero resultaba ineficiente porque os criptoanalistas daban coa chave para recuperar a mensaxe orixinal. Información complementaria:
Hoxe en día o algoritmo é público, todo o mundo ten acceso a el, pero a fortaleza está na chave e no tipo de algoritmo. Moitas veces a cifraxe pode ser 'débil', obxecto de diversos tipos de ataques, como co MD5; pola contra aínda non se puido comprometer o algoritmo RSA, xa que se basea na factorización de números primos moi grandes. Os ataques por forza bruta, a día de hoxe poden levar anos ou séculos, segundo o tipo de máquina que o realice.