Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

cable coaxial

Cable que consta de dous condutores cilíndricos concéntricos, separados por un dieléctrico, eficazmente apantallados contra interferencias, utilizado para transportar sinais eléctricos de alta frecuencia, principalmente sinal de vídeo ou televisión.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos: 
cabo coaxial
Abreviatura: 
n/a
Exemplo: 
n/a
Información complementaria: 
Está constituido por dous condutores concéntricos. O condutor interior chamado “vivo” e o exterior que serve de blindaxe, denominado "malla", que serve como referencia de terra e retorno das correntes. Ambos están separados mediante un material illante chamado dieléctrico de cuxas características dependerá principalmente a calidade do cable. Todo o conxunto está protexido por unha cuberta illante que evita que radiacións externas afecten aos sinais transmitidos polo cable.
Ver tamén: 
cable; cable apantallado
Traducions
Tradución portugués: 
cabo coaxial
Tradución castelán: 
cable coaxial; coaxil
Tradución francés: 
câble coaxial; ligne coaxiale
Tradución italiano: 
cavo coassiale
Tradución inglés: 
coaxial cable; coax
Tradución alemán: 
Koaxialkabel; Koaxkabel