Transformación dun sinal ou dun fluxo binario de datos con algún propósito predeterminado, normalmente a ocultación da información a terceiras persoas distintas do emisor e do destinatario.
Categoría Gramatical:
substantivo feminino (perola)
Información complementaria:
As transformacións máis xerais son:
- facer un sinal compatible cunha norma ou código, de xeito que sexa intelixible só por certos receptores.
- facer un sinal inintelixible para os usuarios que non pagan polo servizo (acceso condicional).
- facer un sinal máis robusto fronte a problemas de ruído ou distorsión.
- comprimir o sinal facendo que os recursos necesarios para transmitilo ou almacenalo sexan menores (xeralmente trátase de aforrar capacidade da canle: ancho de banda ou velocidade de transmisión).
Ver tamén:
código; codificador; Set Top Box