Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

concentrador

Dispositivo electrónico empregado en redes de computadoras para lograr a implementación a nivel físico da centralización da conectividade de equipos próximos.

Categoría Gramatical: 
substantivo masculino (pote)
Sinónimos: 
N/A
Abreviatura: 
N/A
Exemplo: 
O concentrador que acabo de instalar ten 8 portos RJ45.
Información complementaria: 
Traballa na capa OSI 1 (capa física), comportándose como un repetidor multiporto con detección de colisión. Un concentrador está conectado a unha serie de equipos que dependen del. O seu traballo é retransmitir o que envía unha máquina a todas as demais. Con este funcionamento sinxelo conséguese emular o “modo promiscuo” das antigas redes que se conectaban en bus (cada equipo únese a un único cable troncal que se distribúe por todo o edificio) evitando as desvantaxes desta cablaxe (se o bus rompe nun punto a rede deixa de funcionar por completo). Utilizando un concentrador pódense romper enlaces e o resto de equipos segue en funcionamento. A desvantaxe deste modo de traballo é que se xera moito tráfico innecesario (unha mensaxe de A a B chega a todos os demais). Por iso, os concentradores evolucionaron ata conmutadores que son capaces de discriminar cal é o receptor e enviar a mensaxe só polos enlaces adecuados.
Traducions
Tradución portugués: 
concentrador; hub
Tradución castelán: 
concentrador; hub
Tradución francés: 
concentrateur; hub
Tradución italiano: 
concentratore; hub
Tradución inglés: 
concentrator, hub
Tradución alemán: 
Hub