Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

conectador coaxial tipo APC-2,4

Conectador coaxial de radiofrecuencia do tipo subminiatura con capacidade de traballo libre de modos na banda de frecuencias de ata 50 GHz, presentando o primeiro modo aos 52 GHz.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos: 
n/a
Abreviatura: 
n/a
Exemplo: 
n/a
Información complementaria: 
Foi deseñado a mediados da década de 1980, conxuntamente por Hewlett-Packard, Amphenol e M/A-COM, que prentendían un conectador de alta frecuencia coas facilidades dun SMA pero maior precisión e robustez. Aínda que con xeometría semellante á do conector SMA, non resultan eléctrica nin mecánicamente compatibles cos conectores SMA, nin tampouco cos APC-3.5 e 2,92 mm. A súa alta repetibilidade fainos válidos para aplicacións de metroloxía e calibración a altas frecuencias, se ben existen versións para uso xeral. Ao igual que o conector APC-3.5, os conectores APC-2.4 empregan o aire como dieléctrico. Deben o seu nome ao diámetro interior do condutor exterior de 2,4 mm.
Ver tamén: 
conectador coaxial tipo SMA
Traducions
Tradución castelán: 
conector coaxial APC-2.4; conector coaxial APC-2,4
Tradución francés: 
connecteur coaxial APC-2.4
Tradución inglés: 
coaxial connector APC-2.4