Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

Acceso múltiple de portadora con detección de colisións

Técnica de contenda de acceso ao medio baseada en inspeccionar o medio antes de enviar mensaxes, (Carrier Sense), e tamén en detectar posibles colisións durante a emisións das mesmas (Collision Detect).

Categoría Gramatical: 
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Abreviatura: 
CSMA/CD
Exemplo: 
O CSMA/CD é o método de acceso das redes Ethernet, este método logrou impoñerse a outros como token ring e token bus e ser o máis utilizado en redes locais (en redes que utilizan algún tipo de cablaxe como medio de comunicación). Non obstante, cando a comunicación é vía radio, CSMA/CD non se usa, preferíndose Aloha.
Información complementaria: 
Como en Aloha, as estacións comparten un medio de comunicación que non pode ser usado por máis dun emisor á vez. O método baseáse en que cada estación emita cando teña datos e se hai colisión (varias emisións simultáneas) haberá un reintento tras un tempo aleatorio. A diferenza con Aloha, está en que a estación vai inspeccionar o medio antes de emitir para reducir a probabilidade de colisión (se hai alguén máis emitindo a estación espera, de aí vén o “Carrier Sense”). Ademais as estacións son capaces de detectar as colisións no momento no que se producen, en Aloha eran detectadas pola ausencia de resposta. Este é o método de acceso ao medio utilizado nas redes locais Ethernet. En Ethernet o tempo de resposta é aleatorio pero crece cando se producen colisións repetidas. Igual que en Aloha en situacións de tráfico alto a rede cae.
Ver tamén: 
Aloha; Ethernet; token bus; token ring; detección de colisión
Traducions
Tradución portugués: 
Carrier Sense Multiple Acces with Collision Detection; CSMA/CD
Tradución castelán: 
Carrier Sense Multiple Acces with Collision Detection; CSMA/CD
Tradución francés: 
Carrier Sense Multiple Acces with Collision Detection; CSMA/CD
Tradución italiano: 
Carrier Sense Multiple Acces with Collision Detection; CSMA/CD
Tradución inglés: 
Carrier Sense Multiple Acces with Collision Detection; CSMA/CD
Tradución alemán: 
Carrier Sense Multiple Acces with Collision Detection; CSMA/CD