Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

difracción

Curvatura aparente das ondas na presenza dalgún obstáculo.

Categoría Gramatical: 
substantivo feminino (perola)
Información complementaria: 
En telecomunicacións, este fenómeno cobra interese debido aos efectos que os obstáculos naturais teñen sobre a propagación das ondas electrómagnéticas. Se se intenta recibir un sinal cunha antena e entre o emisor e receptor hai unha montaña, pódese recibir algo grazas á difracción. Neste caso, o sinal sufrirá as chamadas perdas por refracción. Dependendo de se o obstáculo tapa moito ou pouco, aínda será posible ter un sinal útil. Os efectos da difracción téñense en conta cando se calculan coberturas de sistemas de radiodifusión (radio e TV) ou de telefonía móbil.
Ver tamén: 
cobertura óptica; cobertura radioeléctrica; onda
Traducions
Tradución portugués: 
difraçâo
Tradución castelán: 
difracción
Tradución francés: 
diffraction
Tradución italiano: 
diffrazione
Tradución inglés: 
diffraction
Tradución alemán: 
Diffraktion