Estándar de interconexión de discos coa placa nai en estrela, na cal o controlador, instalado en placa, permite conectar directamente ata oito dispositivos.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Información complementaria:
A conexión directa ten a vantaxe de que cada dispositivo accede a todo o ancho de banda, ao non compartir a mesma faixa de conexión (como ocorría con PATA). A faixa típica de 80 pins de PATA queda reducida a sete, permitindo unha mellor ventilación do sistema. Existe actualmente SATA-150 (150MByte/s de transferencia), SATA-II ou SATA-300 (300 MByte/s) e proximamente SATA-600 (600 MByte/s). Isto pode parecer que despraza aos vellos SCSI, pero aínda lles queda ser tan fiables como eles para contornos profesionais.
Ver tamén:
interface IDE/ATA; interface SCSI; interface SAS