Estándar de interconexión de discos coa placa nai habitualmente relegada a contornas profesionais, que proporciona (a igualdade de evolución tecnolóxica coas normas IDE/ATA) maior taxa de transferencia e un tempo menor de acceso ao disco.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Información complementaria:
A norma SCSI é case tan antiga como a IDE/ATA. A gran vantaxe histórica fronte a IDE/ATA é unha estrutura de bus independente do sistema, o que lle permite colocar ata sete dispositivos nas versións máis simples (Contando coa controladora serían oito). SCSI evolucionou a través dos seguintes estándares: SCSI-1, SCSI-2, Fast SCSI-2, Fast/Wide SCSI-2, Ultra SCSI, Ultra2 SCSI LVD cunha velocidade máxima de transferencia de 80 MByte/s.
Ver tamén:
interface IDE/ATA; interface SATA; interface SAS