Estándar europeo para a difusión dixital por satélite.
Categoría Gramatical:
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Abreviatura:
DVB-S
Información complementaria:
A portadora vai modulada en QPSK cun fluxo de datos de 18,4 a 48,4 Mbits/s por canle no que en cada un deles poden ir entrelazados varios contidos audiovisuais ou simplemente información. Ao ir codificados cada un deles cunha cabeceira distinta, co descodificador elíxese o contido desexado. Nos datos de audio e vídeo utilízase o estándar de compresión MPEG-2 para que collan máis programas pola mesma canle.
Ver tamén:
difusión de vídeo dixital; Difusión de vídeo dixital terrestre; Difusión de vídeo dixital para dispositivos portátiles; Difusión de vídeo dixital por satélite para dispositivos portátiles; Televisión dixital terrestre