Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

ecuación de transmisión de Friis

Ecuación empregada en radiocomunicacións para obter a potencia do campo electromagnético recibida por unha antena a partir da potencia emitida por unha antena transmisora a unha distancia dada baixo condicións idealizadas.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos: 
fórmula de Friis; ecuación de transmisión
Abreviatura: 
n/a
Exemplo: 
n/a
Información complementaria: 
Foi enunciada en 1946 por Harald T. Friis e indica as perdas por propagación en circunstancias de espazo libre. As condicións ideais inclúen a propagación en situacións de visión directa entre o extremo transmisor e receptor, a inexistencia de multitraxecto, antenas omnidireccionais cun diagrama isotrópico perfectamente aliñadas, inexistencia de despolarización de onda e ancho de banda de transmisión estreito. Relaciona de forma inversamente proporcional a potencia recibida coa frecuencia e co cadrado da distancia de separación de ambos os dous extremos do radioenlace. Os requisitos ideais que validan a forma básica da ecuación de transmisión Friis non se dan na práctica nos sistemas de radiocomunicación terrestres, debido á presenza de reflexións, obstáculos e outros fenómenos. Tan só é posible acadalos en condicións de cámara anecoica e resulta razoablemente aproximado na comunicacións de satélites. A forma básica desta ecuación foi estendida para incluír os principais fenómenos que sofre a fronte de onda na súa propagación, coma o desapuntamento das antenas, a despolarización da onda propagada, desadaptación de impedancias nas liñas de transmisión ou factores de absorción e reflexión.
Ver tamén: 
antena; liña de vista directa; multitraxecto; potencia eléctrica; reflexión; transmisión
Traducions
Tradución portugués: 
fórmula de Friis
Tradución francés: 
équation des télécommunications
Tradución italiano: 
equazione di Friis per la trasmissione
Tradución inglés: 
Friis transmission equation