Chan que non se apoia sobre unha superficie maciza e que deixa un espazo baleiro para ser utilizado por instalacións de diversa índole.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Exemplo:
A instalación de cable nesta planta irá polo falso chan: como a altura deste é duns 15 cm, será abondo para unha bandexa de 10 cm.Información complementaria:
Para instalacións de cable estruturado adóitanse empregar moito, xa que permiten tiradas de bandexas de chan polo oco dentro das cales irían os cables Ethernet.
Ver tamén:
cablaxe horizontal; cablaxe vertical; cable FTP; cable STP; cable UTP; falso teito; patio de condutos; rede de cable; sistema de cablaxe estruturada