Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

Graphics Interchange Format

'Formato de intercambio de imaxes', formato de ficheiros de imaxes fixas con uso xeneralizado a todos os usuarios de ordenadores ao ser adecuado para o intercambio de imaxes por Internet.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Sinónimos: 
NA
Abreviatura: 
GIF
Información complementaria: 
Formato creado pola empresa CompuServe en 1987. O formato GIF foi o máis usado en Internet ata a chegada de JPEG. Actualmente aínda ten un uso importante sobre todo en debuxos, logotipos e outras imaxes sintéticas. GIF utiliza un algoritmo de compresión sen perdas chamado LZW (Lempel, Ziv e Welch) que é o mesmo que se usa en compresores de propósito xeral coma Winzip e Winrar. Actualmente o formato GIF aínda se usa pero perdeu preponderancia debido ás superiores calidades do formato JPEG. Co desenvolvemento de Internet o formato GIF incorporou certas novidades interesantes para o seu uso en aplicacións Web: - A posibilidade de definir certa cor como transparente (permite fondos transparentes). - A opción de crear ficheiros que conteñen animacións sinxelas.
Ver tamén: 
algoritmo de Lempel, Ziv e Welch; Joint Photographic Experts Group
Traducions
Tradución portugués: 
Graphics Interchange Format; GIF
Tradución castelán: 
Graphics Interchange Format; GIF
Tradución francés: 
Graphics Interchange Format; GIF
Tradución italiano: 
Graphics Interchange Format; GIF
Tradución inglés: 
Graphics Interchange Format; GIF
Tradución alemán: 
Graphics Interchange Format; GIF