Sistema de radionavegación que proporciona posicionamento xeoespacial autónomo con cobertura mundial, polo que permite que un receptor na Terra estime cun reducido erro as súas coordenadas de lonxitude, latitude e altitude a partir do sinal recibido dunha constelación de satélites en condicións de visión directa.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Abreviatura:
GNSS
Información complementaria:
O único sistema global de navegación por satélite totalmente operativo é o GPS. O ruso GLONASS está sendo restaurado, e o chinés Beidou e o europeo Galileo están en fase de despregamento. Hai outros de cobertura rexional como o IRNSS para a India e o QZSS para o Xapón.
Ver tamén:
Beidou; Galileo; GLONASS; sistema de posicionamento global