Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

General Public License

'Licenza pública xeral', licenza tanto de documentación como do código fonte dos programas co obxectivo de que o usuario poida copiar, distribuír ou modificar estes datos.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Abreviatura: 
GPL; GNU-GPL
Información complementaria: 
Foi creada polo proxecto GNU, por iso se cita moitas veces como GNU-GPL. É importante apuntar que, cando en inglés se fala de "free software", refírese á acepción inglesa de "libre", non de "gratis", xa que o autor dun programa con licenza GPL pode pedir un prezo pola súa distribución, copia e modificación. Licenzas análogas de GPL son a LGPL (Lesser GPL, "Licenza xeral pública reducida"), a FDL (Free Documentation License, "Licenza de documentación libre") e a AGPL (Affero General Public License, obrigada para programas que se executen nunha rede de computadores).
Ver tamén: 
copyright; copyleft; GNU Free Documentation License; licenza; programa ilegal; software libre; software propietario
Traducions
Tradución portugués: 
General Public License; GPL; Licença Pública Geral
Tradución castelán: 
General Public License; GPL; Licencia Pública General
Tradución francés: 
General Public License; GPL; Licence Publique Général
Tradución italiano: 
General Public License; GPL
Tradución inglés: 
General Public License; GPL
Tradución alemán: 
General Public License; GPL