Sistema de posicionamento por satélite desenvolvido polo Departamento de Defensa dos Estados Unidos que determina a localización dun punto medindo o retardo a tres satélites cunha precisión de nanosegundos, mentres que un cuarto satélite mide os erros de tempo entre os tres de posicionamento, conquerindo con exactitude a ubicación en altitude do punto.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos:
sistema GPS; GPS; NAVSTAR-GPS
Abreviatura:
GPS
Información complementaria:
O seu nome oficial é NAVSTAR-GPS (NAVigation SysTem And Ranging-Global Positioning System). Aínda que o seu uso depende do Departamento de Defensa de Estados Unidos, este concedeu abrir o sistema para usos civís. Isto ten o inconveniente de que o propio sistema pode introducir erros deliberados para evitar o seu uso por países inimigos, utilizando o que se chama dispoñibilidade selectiva. Para contrarrestar estes erros de desenvolvemento, o GPS Diferencial (DGPS) ten unha base emisora nun punto xeográfico coñecido, grazas ao cal se resta o sinal de erro. Os GPS comúns non levan esta tecnoloxía, que é moito máis cara e para aplicacións que requiren moita precisión.
Pénsase que este sistema vai desprazar a todos os sistemas de navegación existentes ata o momento. Os motivos principais para a súa construción foron as importantes limitacións que tiña o sistema TRANSIT. O primeiro satélite lanzouse en 1978, pero non obstante o sistema non estivo operativo ata 1992. Foi desenvolvido polas forzas aéreas dos EUA e as súas principais características son as seguintes: Gran rapidez en obter a posición, moi boa precisión e cobertura global e continua.
Ver tamén:
Galileo; GLONASS; GPS diferencial