Constelación de satélites formada por 66 satélites de comunicación activos, dispostos en 11 órbitas lonxitudinais de seis satélites, a unha altura de 780 km, que ofrece un servizo mundial de voz e datos para teléfonos móbiles por satélite.
Categoría Gramatical:
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Sinónimos:
n/a
Abreviatura:
n/a
Exemplo:
n/aInformación complementaria:
A rede Iridium é a única que ofrece cobertura mundial, incluídos os polos, océanos e aire. O seu nome provén do número de satélites inicialmente previstos para a constelación que era 77, coincidindo co número atómico do elemento químico do mesmo nome latino (e inglés), o Iridio. A rede foi despregada pola compañía Motorola, para fornecer servizos de telefonía móbil por satélite (TSM) desde 1998. Despois da quebra financeira en 1999, a compañía pasou ao consorcio Iridium Satellite LLC quen relanzou o proxecto en mercados como o petroleiro, mineiro, ecoturístico e militar. Actualmente permite comunicacións de datos a 2,4 Kbps nativos e un sistema de conexión a Internet emulado de 10 Kbps.