Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

Unión Internacional das Telecomunicacións

Organismo internacional da ONU creado para estandarizar e regular a nivel internacional a radio e as telecomunicacións.

Categoría Gramatical: 
nome propio de asociacións, empresas, organizacións e sociedades
Abreviatura: 
UIT
Información complementaria: 
Entre as súas funcións concretas están a normalización, o aloxamento do espectro radioeléctrico e a coordinación entre países e administracións para organizar o desenvolvemento da infraestrutura que permita as chamadas telefónicas internacionais. A UIT componse de tres seccións: o sector de normalización das telecomunicacións (UIT-T, antes coñecida como CCITT); o sector de normalización da radiocomunicación (UIT-R, antes coñecido como CCIR) e o sector para o desenvolvemento das telecomunicacións (UIT-D). A documentación de normalización desenvolvida pola UIT está contida en textos coñecidos polo termo Recommendations que se agrupan en series. Fundouse en París o 17 de maio do 1865 como a Unión Internacional de Telégrafo, por iso se instaurou esta data para celebrar mundialmente o Día Internacional das Telecomunicacións, que coincide co Día das Letras Galegas.
Ver tamén: 
Comité consultivo internacional para as radiocomunicacións; Comité consultivo internacional para a telegrafía e telefonía; Instituto de enxeñeiros electrónicos e eléctricos
Traducions
Tradución portugués: 
Uniâo Internacional de Telecomunicaciôes; ITU; UIT
Tradución castelán: 
Unión Internacional de Telecomunicaciones; ITU; UIT
Tradución francés: 
Union Internationale des Télécommunications; ITU; UIT
Tradución italiano: 
International Telecommunication Union; ITU
Tradución inglés: 
International Telecommunication Union: ITU
Tradución alemán: 
International Telecommunication Union; Internationale Fernmeldeunion; ITU