Unidade de frecuencia equivalente a mil hertzs, é dicir, a mil ciclos por segundo.
Categoría Gramatical:
unidade de medida, do sistema internacional ou non (a súa abreviación é un símbolo sen punto nin plural: kg)
Abreviatura:
kHz
Exemplo:
Os ruídos con frecuencias maiores ca vinte quilohertz considéranse ultrasóns.Información complementaria:
O prefixo ten a forma "quilo-" igual ca "quilómetro" ou "quilogramo". A abreviatura é Hz por convenio internacional, co que se se lle engade a abreviación do prefixo, k + Hz = kHz, precisamente nesa combinación exacta de maiúsculas e minúsculas.
Ver tamén:
hertz