Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

voltampere

Unidade de potencia eléctrica que se emprega para medir a potencia aparente dos equipos.

Categoría Gramatical: 
unidade de medida, do sistema internacional ou non (a súa abreviación é un símbolo sen punto nin plural: kg)
Abreviatura: 
VA
Información complementaria: 
Para equipos de computación normalmente a relación adoita ser de 1 VA equivale a 0,7 ou 0,6 W, que en contraste miden a potencia real. Nos CPD adoitan existir grupos electróxenos ou SAI (sistema de alimentación ininterrompida) para evitar que os cortes de luz poidan provocar danos na integridade dos datos e para que o sistema teña tempo de previr o corte e, polo tanto, para dimensionar estes sistemas adóitase empregar a unidade de VA.
Ver tamén: 
centro de procesamento de datos
Traducions
Tradución portugués: 
voltampere; volt-ampère; VA
Tradución castelán: 
voltampere; volt-amperio; voltamperio; voltio-amperio; VA
Tradución francés: 
voltampère
Tradución italiano: 
voltampere; VA
Tradución inglés: 
volt-ampere
Tradución alemán: 
Voltampere