Ecuacións que permiten calcular os sinais presentes en calquera circuíto eléctrico.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina que non admite singular (páxinas amarelas)
Información complementaria:
Estas leis débense a Gustav Robert Kirchhoff e foron publicadas en 1845. Hai dúas Leis de Kirchoff:
- A Lei dos nodos, que establece que a corrente que entra nun punto debe ser igual á que sae.
- A Lei das mallas, que establece que se percorremos un camiño pechado dentro dun circuíto o potencial inicial debe ser igual ao final.
Ver tamén:
circuíto; Lei de Ohm