Estrutura ou medio material que forma todo ou parte do camiño empregado para dirixir a transmisión de enerxía en forma eléctrica, electromagnética ou acústica.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Información complementaria:
Habitualmente emprégase este termo para designar os medios de transmisión con soporte físico. Entre as liñas de transmisión pódense salientar os cables eléctricos, cables coaxiais, fibra óptica, láminas dieléctricas e guías-ondas.
Ver tamén:
cable; cable coaxial; fibra óptica; guía de onda; illante