Magnitude que relaciona a lonxitude da liña de transmisión coa lonxitude da onda que se propaga a través dela e vén dada polo produto da constante de fase da onda e a distancia ao punto de excitación da liña.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Abreviatura:
θ
Información complementaria:
Presenta relación directa coa frecuencia e é un indicativo da variación da voltaxe ao longo da liña.
Ver tamén:
constante de fase; lambda; liña de transmisión