Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

medidor de potencia da radiofrecuencia

Dispositivo de radiofrecuencia que realiza a transformación da potencia do campo electromagnético presente á súa entrada nun sinal de voltaxe ou corrente segundo o sensor de potencia empregado.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos: 
medidor de potencia RF; medidor de potencia
Información complementaria: 
Existen dúas tecnoloxías básicas para fabricar estes dispositivos: a baseada na disipación térmica e a baseada nun díodo detector. A primeira produce a disipación da enerxía de entrada sobre unha carga ou resistencia e mide o incremento de temperatura producido, e ten a vantaxe de ofrecer a potencia media real, pois a calor disipada equivale a unha integral da potencia sobre un período de tempo, e de dar unha medida con independencia da forma de onda, ben sexa CW, AM, FM, PM, pulsada ou calquera outra, aínda que non é válida para ofrecer unha medida instantánea. A segunda tecnoloxía ofrece unha saída en tensión empregando díodos rectificadores e ten a vantaxe de aceptar valores moi baixos de potencia, ofrecendo as medidas instantáneas en tempo real para un posterior procesamento máis complexo que a tecnoloxía de disipación térmica.
Ver tamén: 
potencia eléctrica
Traducions
Tradución portugués: 
medidor de poder RF
Tradución castelán: 
medidor de potencia RF
Tradución francés: 
mettre de puissance RF
Tradución italiano: 
tester di potere RF
Tradución inglés: 
power meter