Estándar de codificación de audio que mediante o uso de técnicas de codificación perceptual consegue un alto nivel de compresión do volume de datos xerado no proceso de dixitalización sen comprometer a calidade subxectiva orixinal.
Categoría Gramatical:
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Sinónimos:
n/a
Abreviatura:
MP3
Exemplo:
n/aInformación complementaria:
A relación de compresión obtida varía entre 2,7:1 e 24:1, dependendo da frecuencia de mostraxe utilizada (32 kHz, 44,1 kHz e 48 kHz). O réxime binario de saída do proceso de compresión sitúase entre os 32 kbps e os 320 kbps. O algoritmo que deu lugar ao posterior estándar (ISO/IEC 11172-3) foi desenvolvido en 1987 por un grupo de investigación alemán do Fraunhofer IIS, froito dun traballo conxunto co IEC e a ISO.
Ver tamén:
codificación con perdas; codificación perceptual; Motion Pictures Experts Group; MPEG2-Advanced Audio Coding