Situación de propagación dunha onda electromagnética na que o camiño de propagación do raio directo entre o emisor e o receptor se obstrúe totalmente, pero o sinal transmitido pode alcanzar o receptor mediante propagación por reflexión, difracción ou dispersión.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Información complementaria:
En difracción, considérase obstrución total cando está obstruída totalmente a primeira rexión de Fresnel, impedindo a chegada da compoñente directa. O tamaño da obstrución comprenderá entre unha e varias lonxitudes de onda.
Ver tamén:
difracción; dispersión; liña de vista directa; liña de vista obstruída; radioenlace; reflexión