Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

nó troncal

Conxunto de infraestruturas e equipamentos electrónicos confinado nun ou varios lugares concretos que se encarga de concentrar e centralizar os servizos principais da rede na que é o nó principal.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos: 
nó principal; rede troncal
Información complementaria: 
Estes nós son complementarios aos de distribución que fan posible a concentración da información que se lle envía a estes. Neste lugar sitúanse os servidores e equipos electrónicos que permiten e xestionan a maior parte do tráfico da rede. Practicamente tanto as infraestruturas como os equipos están duplicados por motivos de seguridade, xa que unha caída nestes podería afectar a toda rede.
Ver tamén: 
dorsal; nó de distribución
Traducions
Tradución inglés: 
main node; backbone node