Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

óhmetro

Aparato que mide a resistencia dun compoñente.

Categoría Gramatical: 
substantivo masculino (pote)
Exemplo: 
No óhmetro, a diferenza doutros aparellos de medida hai que separar as resistencias do circuíto para seren medidas.
Información complementaria: 
Os óhmetros sempre se basean en crear un circuíto ao conectar o compoñente que se quere medir e facer unha medida indirecta a través dun parámetro que dependa da resistencia. Por exemplo, é moi típico cargar un condensador a través da resistencia, sabendo que o tempo de carga crece co valor desta.
Ver tamén: 
amperímetro; galvanómetro; ohm; resistencia
Traducions
Tradución portugués: 
ohmímetro
Tradución castelán: 
óhmetro; ohmímetro; ohmiómetro
Tradución francés: 
ohmmètre
Tradución italiano: 
ohmetro
Tradución inglés: 
ohmmeter
Tradución alemán: 
Widerstandsmessgerät