Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

ohm

Unidade derivada de resistencia eléctrica do Sistema internacional.

Categoría Gramatical: 
unidade de medida, do sistema internacional ou non (a súa abreviación é un símbolo sen punto nin plural: kg)
Abreviatura: 
Ω
Exemplo: 
Un cable debe ter resistencia baixa para que a corrente o atravese sen problemas. A resistencia dun forno é máis alta para que cando a corrente a atravesa, o faga con dificultade e consecuentemente libere calor. Pero se a resistencia é moi alta, a corrente non pasa en absoluto (caso dos materiais illantes).
Información complementaria: 
Nos circuítos colócanse resistencias de valor coñecido para lograr que as correntes e tensións do mesmo teñan os valores desexados. O nome procede do físico e matemático alemán Georg Simon Ohm, un dos primeiros que estudaron a electricidade.
Ver tamén: 
resistencia eléctrica; óhmetro
Traducions
Tradución portugués: 
ohm
Tradución castelán: 
ohmio; ohm
Tradución francés: 
ohm
Tradución italiano: 
ohm
Tradución inglés: 
ohm
Tradución alemán: 
ohm