'Interconexión de sistemas abertos', modelo abstracto de descrición dunha rede de comunicacións formada por capas e dos distintos protocolos de comunicacións involucrados nas mesmas, que funciona como marco de referencia para a definición de arquitecturas de interconexión de sistemas de comunicacións.
Categoría Gramatical:
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Sinónimos:
modelo OSI; nivel OSI
Abreviatura:
OSI
Exemplo:
O modelo OSI, aínda que non hai ningún sistema de comunicación que o siga, supuxo un elemento importante polo seu valor aclaratorio na creación conceptual dos sistemas de comunicacións dixitais.
Información complementaria:
Os niveis OSI son: Nivel físico (dá soporte aos sinais e a transmisión é binaria), nivel de enlace de datos (direccionamento físico (MAC e LLC)), nivel de rede (determinación da ruta e IP (direccionamento lóxico)), nivel de transporte (conexión extremo a extremo e fiabilidade dos datos), nivel de sesión (comunicación entre os dispositivos da rede), nivel de presentación (epresentación dos datos), nivel de aplicación (servizos de rede a aplicacións). O modelo de referencia de Interconexión de Sistemas Abertos (OSI, Open System Interconnection) foi lanzado en 1984.
Ver tamén:
aplicación; capa de enlace de datos; capa de presentación; capa de rede; capa de transporte