Antena que se basea nun reflector con forma de paraboloide ou anaco dun paraboloide e unha antena propiamente dita situada no foco da parábola.
Categoría Gramatical:
substantivo feminino (perola)
Sinónimos:
prato (vulgarismo)
Información complementaria:
A parabólica utiliza as propiedades xeométricas da parábola de xeito que calquera onda electromagnética recibida na dirección do eixo da parábola rebotará directamente cara ao foco. Deste modo, a antena parabólica é extremadamente directiva e por iso é a que se usa cando se teñen sinais moi febles pero que se sabe perfectamente de onde veñen. Este é o caso dos satélites e tamén dos radioenlaces terrestres, onde se quere unir dous puntos distantes con visión directa.
Ver tamén:
antena; radioenlace; satélite artificial