Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

Power Line Communications

Tecnoloxía que utiliza a rede eléctrica existente como medio físico para transmitir sinais de comunicación.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Sinónimos: 
Comunicacións mediante liña eléctrica
Abreviatura: 
PLC
Exemplo: 
O sistema PLC é moi útil xa que aproveita a instalación eléctrica do inmoble.
Información complementaria: 
As aplicacións en PLC pódense dividir en dous grandes grupos: - A creación de redes domésticas aproveitando a rede eléctrica para evitar tender cables. - O acceso a redes de datos (fundamentalmente Internet) a través das liñas de subministración da compañía eléctrica (se é de alta velocidade falamos de BPL: broadband powerline ou banda larga sobre liña eléctrica). Para este tipo de comunicacións utilízanse modulacións complexas como a OFDM e o espectro espallado. Con todo, as características da transmisión dependen moito das flutuacións das características da liña física. Esta limitación e a carencia dun estándar internacional fan deste sistema unha alternativa case experimental. Actualmente está apoiada por empresas eléctricas como Iberdrola e ENDESA. A pesar de que non é un sistema de transmisión de datos que alcanzase a súa madurez, xa comeza a pensarse como alternativa ao acceso á banda larga en medios rurais, onde é difícil atopar tecnoloxías de conexión rendibles. O sistema PLC chámase tamén sistema de correntes portadoras. Pódese clasificar tamén como un sistema 'sen novos cabos'.
Ver tamén: 
banda ancha a través de rede eléctrica; espectro espallado; multiplexación por división de frecuencias ortogonais
Traducions
Tradución portugués: 
Power Line Communications; PLC
Tradución castelán: 
Power Line Communications; PLC
Tradución francés: 
Power Line Communications; PLC; Courants Porteurs en Ligne; CPL
Tradución italiano: 
Powerline; Onde Convogliate; Power Line Communications; PLC
Tradución inglés: 
Power Line Communications; PLC; Power Line Carrier; PLC; Power line Digital Subscriber Line; PDSL; mains communication; power line telecom; PLT; power line networking; PLN
Tradución alemán: 
Trägerfrequenzanlage; TFA; Power Line Communications; PLC