Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

promotor

Persoa, física ou xurídica, pública ou privada que, individual ou colectivamente, decide, impulsa, programa e financia con recursos propios ou alleos as obras de edificación para si ou para o seu posterior alleamento, entrega ou cesión a terceiros baixo calquera título; é o responsable de contratar a elaboración dun proxecto de ICT para o edificio antes de comezar a obra.

Categoría Gramatical: 
substantivo que permite flexión de xénero (ex.: administrativo/administrativa)
Exemplo: 
Os promotores poden ser entidades públicas ou privadas.
Información complementaria: 
O promotor deberá entregar aos compradores, de ser o caso, a documentación da obra executada ou calquera outro documento esixible polas administracións competentes. A elaboración do proxecto ICT debe ser realizada por un enxeñeiro ou enxeñeiro técnico de telecomunicacións.
Traducions
Tradución castelán: 
promotor