Linguaxe de programación interpretada, o que aforra un tempo considerable no desenvolvemento do programa, xa que non é necesario compilar nin enlazar.
Categoría Gramatical:
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Información complementaria:
Creada por Guido van Rossum no 1990, o nome procede da afección de Rossum polos Monty Python. O intérprete pódese utilizar de modo interactivo, o que facilita experimentar con características da linguaxe, escribir programas desbotados ou probar funcións durante o desenvolvemento do programa. Compárase habitualmente con TCL, Perl, Scheme, Java e Ruby. Na actualidade desenvólvese como un proxecto de código aberto, administrado pola Python Software Foundation. É considerada como a oposición leal a Perl, linguaxe coa cal mantén unha rivalidade amigable. Os usuarios de Python considéranno moito máis limpo e elegante para programar. Python permite dividir o programa en módulos reutilizables desde outros programas. Vén cunha gran colección de módulos estándar que se poden utilizar como base dos programas (ou como exemplos para empezar a aprender Python). Tamén hai módulos incluídos que proporcionan entrada e saída (E/S) de ficheiros, chamadas ao sistema, zócolos e ata interfaces GUI (interface gráfica do usuario) como Tk, GTK, Qt entre outros.
Ver tamén:
Perl