Frecuencia dos sinais que se poden transmitir a través de antena que segundo o tipo van desde 3 KHz ata uns 100 GHz.
Categoría Gramatical:
substantivo feminino (perola)
Sinónimos:
frecuencia de radio
Abreviatura:
RF
Información complementaria:
A partir de 1 GHz fálase de frecuencias de microondas. Algúns autores din que a radiofrecuencia chega a 300 GHz xa que ese é o límite no que a absorción da enerxía por parte do aire fai imposible a transmisión. Porén, por riba de 100 GHz apenas hai aplicacións prácticas debido á dificultade de crear sistemas que manexen tales frecuencias. O espectro radioeléctrico está dividido en bandas segundo os diferentes servizos.
Ver tamén:
espectro radioeléctrico; frecuencia; microondas