Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

sistema secuencial

Sistema electrónico dixital provisto de reloxo interno (sinal de temporización) e algún tipo de memoria.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos: 
procesador
Exemplo: 
Un ordenador é un exemplo de sistema secuencial moi complexo.
Información complementaria: 
En oposición aos sistemas combinatorios, chámanse secuenciais os sistemas capaces de gardar memoria do seu estado e que son quen de facer unha secuencia de operacións segundo as variables de entrada. Todos os sistemas capaces de realizar operacións medianamente complicadas son sistemas secuenciais. Un ordenador pódese considerar un sistema secuencial complexo, a velocidade do procesador é realmente a frecuencia do sinal de reloxo. Tamén hai sistemas secuenciais máis sinxelos (calculadoras, reloxos dixitais ...).
Ver tamén: 
sistema combinatorio
Traducions
Tradución castelán: 
sistema secuencial
Tradución francés: 
logique séquentielle
Tradución inglés: 
sequential logic system; sequential logic
Tradución alemán: 
Schaltwerk