Conectador coaxial de radiofrecuencia do tipo subminiatura con capacidade de traballo na banda de frecuencias de ata 4 GHz, mais pode estenderse o seu uso ata os 10 GHz libre de modos á custa dun valor máis elevado nas perdas de retorno.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos:
n/a
Abreviatura:
n/a
Exemplo:
n/aInformación complementaria:
Constitúe unha variante do conectador SMA pero en versión de montaxe por encaixe ao carecer de rosca. Segue o estándar militar MIL-STD-348. Presenta pobres características en termos de perdas de inserción (0.3dB) e ciclos de interconexión (500). O seu nome procede das siglas en inglés do termo SubMiniature version B.
Ver tamén:
conectador coaxial tipo SMA; conectador coaxial tipo SMC