Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

conectador coaxial tipo SMC

Conectador coaxial de radiofrecuencia do tipo subminiatura con capacidade de traballo na banda frecuencias de ata 4 GHz e impedancia de 50 Ω, aínda que pode estender o seu uso ata os 10 GHz libre de modos á custa de máis perdas de retorno.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos: 
n/a
Abreviatura: 
n/a
Exemplo: 
n/a
Información complementaria: 
Constitúe unha variante do conectador SMA pero en menor tamaño e dotado de rosca. Segue o estándar militar MIL-STD-348. Presenta mellor resistencia ás vibracións que o conectador SMB. Aseméllase polas súas características a unha versión reducida do conectador coaxial tipo TNC. O seu nome procede das siglas en inglés de SubMiniature version C.
Ver tamén: 
conectador coaxial tipo SMA; conectador coaxial tipo SMB; conectador coaxial tipo TNC
Traducions
Tradución castelán: 
conector SMC
Tradución francés: 
connecteur SMC
Tradución inglés: 
connector SMC