Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

programa para a xestión da relación cos clientes

Soporte lóxico que ten como finalidade axudar a mellorar e organizar as relacións cos clientes, tanto potenciais coma reais.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos: 
soporte lóxico CRM
Exemplo: 
A empresa pensou en implantar un programa para a xestión da relación cos clientes no seu departamento comercial para mellorar as relacións con eles.
Información complementaria: 
Algunhas das súas achegas poden ser: identificar os clientes obxectivos e asesoralos no deseño de técnicas de mercadotecnia orientadas a eles; axudar á empresa a mellorar a xestión das vendas mediante a centralización da información captada por diferentes empregados; permitir a creación de plans personalizados de venda para cada cliente, o que aumenta a satisfacción deste; centralizar a información, permitirlles aos usuarios do sistema analizar a información global e extraer conclusións beneficiosas sobre as necesidades do cliente.
Traducions
Tradución portugués: 
sistema de gestão de relacionamento com o cliente (BR); sistema de gestão de relação com o cliente (PT)
Tradución castelán: 
software de gestión de las relaciones con el cliente
Tradución francés: 
logiciel de gestion de la relation client
Tradución inglés: 
CRM software; customer relationship management software
Tradución alemán: 
Kundenpflegesoftware; CRM-Software