Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

reprodución durante a descarga

Tecnoloxía para a trasmisión en tempo real de audio e vídeo que permite a súa reprodución durante a descarga, sen esperar a que remate a descarga do arquivo enteiro.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos: 
streaming
Exemplo: 
Youtube utiliza reprodución durante a descarga para a visualización de arquivos.
Información complementaria: 
O reprodutor pon en funcionamento un pequeno búfer que almacena unha pequena parte do arquivo de xeito que poida continuar a reprodución no caso dunha redución no fluxo de datos, evitando continuas interrupcións. Como a reprodución adoita ser máis lenta que a descarga, o reprodutor acostuma ter sempre tramas que mostrar por pantalla. Difire da descarga directa en que, nesta última, ata que non se descargue por completo o arquivo non se pode visualizar. Difire ao mesmo tempo do live streaming en que os arquivos que se descargan deste xeito son arquivos que non se xeran en tempo real, senón que xa están previamente almacenados no servidor correspondente. Ao non ter que esperar a descargar todo o arquivo multimedia no ordenador ou ipod pódese gozar da radio ou televisión en liña en tempo real.
Ver tamén: 
descarga progresiva
Traducions
Tradución portugués: 
processamento em trânsito; streaming
Tradución castelán: 
streaming
Tradución francés: 
lecture en transit
Tradución italiano: 
streaming
Tradución inglés: 
streaming