Sistema de telecomunicacións baseado no teléfono.
Categoría Gramatical:
substantivo feminino (perola)
Información complementaria:
O teléfono é un dispositivo de telecomunicacións deseñado para transmitir sinais acústicos por medio de sinais eléctricos enviados por cable eléctrico e xestionados por centrais telefónicas. Durante moito tempo Alexander Graham Bell foi considerado o inventor do teléfono. Porén Bell non foi o inventor deste aparato senón soamente o primeiro en patentalo. Isto ocorreu en 1876. Posteriormente, en 2002, o Congreso de Estados Unidos aprobou a resolución 269, pola que se recoñecía que o inventor do teléfono fora Antonio Meucci, que o chamou teletrófono. En 1871 Meucci só puido, por dificultades económicas, presentar unha breve descrición do seu invento, pero non formalizar a patente ante a Oficina de Patentes de EE.UU.