Conectador coaxial de tipo estándar, con capacidade de traballo na banda de frecuencias de ata 11 GHz e impedancia intrínseca de 50 ou 75 Ω, constitúe a versión roscada do conectador BNC, e presenta un mellor funcionamento ca este a frecuencias de microonda en termos de atenuación e ruído.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Información complementaria:
Foi desenvolvido na década de 1940 por Paul Neill de Bell Labs e Carl Concelman de Amphenol. Recibe o seu nome das siglas en inglés de "threaded Neill-Concelman". Existen dúas versións: a estándar e a de polaridade inversa ("reversed polarity") que resultan mecánicamente incompatibles entre si.
Ver tamén:
conectador BNC