Xeneralización da transformada de Fourier continua que é máis conveniente para o estudo dalgúns sinais e sistemas pero non é posible aplicada a algúns outros.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Exemplo:
A transformada de Laplace é moi utilizada nos sistemas de control de equipos industriais.Información complementaria:
Na transformada de Laplace defínese unha frecuencia complexa, pertencente ao conxunto matemático dos números complexos, que non ten relación directa coa frecuencia física.
A transformada de Laplace é importante para o estudo da estabilidade dos sistemas e tamén para resolver certas ecuacións diferenciais polo que se utiliza noutras ramas de enxeñaría e física.
Ver tamén:
transformada de Fourier; transformada