Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

transistor

Compoñente electrónico deseñado para controlar a corrente do circuíto de saída a partir da tensión presente no de entrada.

Categoría Gramatical: 
substantivo masculino (pote)
Información complementaria: 
O termo "transistor" é a contracción en inglés de transfer resistor ("resistencia de transferencia"). Hai distintos tipos de transistores: bipolares de efecto de campo, que a súa vez se dividen en JFET's, MOSFET's, etc. O transistor ten moitas función no mundo da electrónica: facer de conmutador (elemento todo ou nada) en circuítos dixitais, amplificar sinais, formar parte de circuítos osciladores, ás veces, tamén se atopan en mesturadores que aproveitan as características non liñais do transistor para facer certos procesamentos, etc. O transistor é o elemento básico da electrónica de forma que "case" podemos dicir que: - Un circuíto eléctrico é aquel que non ten transistores. - Un circuíto electrónico é aquel que ten algún tipo deles. O "case" vén de que queda algún circuíto onde as funcións do transistor son realizadas por válvulas, antecesor histórico deste. O feito de que o transistor sexa un dispositivo de estado sólido (fabricado en silicio) permitiu a miniaturización da electrónica, algo imposible coas válvulas de baleiro. O 100% dos produtos tecnolóxicos teñen transistores no seu interior.
Ver tamén: 
MOSFET; tiristor; tiristor conmutador de porta; tiristor de control de porta; tiristor de indución estática; transistor bipolar de porta illada; transistor de efecto de campo; transistor de efecto de campo; transistor de efecto de campo de unión; transistor pseudomórfico de electróns con alta mobilidade; válvula
Traducions
Tradución portugués: 
transistor
Tradución castelán: 
transistor
Tradución francés: 
transistor
Tradución italiano: 
transistor; transistore
Tradución inglés: 
transistor
Tradución alemán: 
Transistor