Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

sistema expandido de área extensa

Sistema de navegación por satélite desenvolto pola Federal Aviation Administration co fin de mellorar a precisión, fiabilidade e dispoñibilidade do sinal GPS e que pode acadar unha precisión teórica de posicionamento cun erro máximo de 2 m.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Abreviatura: 
WAAS
Información complementaria: 
O sistema WAAS consta dunha rede de 24 estacións de referencia terrestres separadas uns 800 km entre si, en América do Norte, Hawai e Porto Rico, que miden as pequenas variacións do sinal GPS no hemisferio oeste. Complétase con tres satélites xeoestacionarios que reciben o sinal de corrección desde seis antenas terrestres e retransmiten un sinal de corrección en banda L1 aos satélites xeoestacionarios GPS. Ademais retransmítenlles as correccións aos receptores GPS de usuario en terra. Consta de mensaxes de 250 bits que se aplican aos resultados dos cálculos da pseudodistancia ou pseudorrango para determinar a posición.
Ver tamén: 
satélite artificial; sistema de posicionamento global
Traducions
Tradución portugués: 
Wide Area Augmentation System; WAAS
Tradución castelán: 
Wide Area Augmentation System; WAAS
Tradución francés: 
système d'augmentation de zones amples; WAAS
Tradución italiano: 
Wide Area Augmentation System; WAAS
Tradución inglés: 
Wide Area Augmentation System; WAAS
Tradución alemán: 
Wide Area Augmentation System; WAAS