Aplicación informática que permite configurar remotamente unha rede de telecomunicacións formada por elementos de rede interconectados, detectar as alarmas e eventos asociados aos circuítos e ás alarmas ou eventos dos equipos polos que transitan.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos:
n/a
Abreviatura:
n/a
Exemplo:
Instalamos o xestor de redes debido a que, en ocasións, tiñamos problemas de rendemento e perdiamos moito tempo ata atopar o problema.Información complementaria:
Moitos destes programas permiten ver a rede dunha forma gráfica, xunto con gráficas de rendementos da mesma, o que facilita atopar posibles problemas, mesmo antes de que sucedan. Un dos software de xestión de rede máis coñecidos é o módulo NNM de Openview de HP.