Programa que produce un código executable para outra plataforma distinta á que se usa para a súa execución.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Información complementaria:
Utilízase habitualmente na programación para sistemas integrados, xa que normalmente non é posible compilar directamente no sistema no que se vai executar o programa polas limitacións de potencia e espazo (para instalar o contorno de desenvolvemento) no sistema de destino.
Ver tamén:
compilador; sistema incrustado; sistema integrado