Equipo constituído por partes do soporte físico e lóxico integrado nun sistema maior e que ten un propósito específico.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos:
sistema embutido; sistema integrado; sistema embebido
Información complementaria:
Un sistema incrustado ou integrado está formado normalmente por un microprocesador que executa un programa (usualmente denominado firmware) almacenado nunha memoria flash ou ROM. Habitualmente carece dos periféricos habituais dunha computadora e comeza a execución dunha aplicación específica no momento da súa iniciación e non detén a súa operación ata que se apaga completamente. Os sistemas de control embarcados nos satélites son un exemplo de sistema incrustado que ademais debe funcionar sen intervención humana.
Ver tamén:
firmware