Superconxunto da lóxica booleana que manexa o concepto de verdade parcial, incluíndo os valores intermedios entre o totalmente certo e o totalmente falso, como pode ser o talvez.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos:
lóxica difusa
Abreviatura:
NA
Exemplo:
Unha das aproximacións á intelixencia artificial é a lóxica borrosa.
Información complementaria:
Nas súas orixes pretendía modelar a incerteza da linguaxe natural. A lóxica borrosa substitúe os valores de verdade booleanos con graos de certeza, similares á probabilidade coa diferenza de que non teñen que sumar a unidade.