Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

máscara

Conxunto de bits que xunto cunha operación permite extraer selectivamente certos datos almacenados noutro conxunto para realizar operacións binarias.

Categoría Gramatical: 
substantivo feminino (perola)
Información complementaria: 
Coa utilización dunha máscara pódense poñer de forma simultánea varios bits dun grupo (cuarteto, octeto, etc.), a 1, a 0 ou inverter o seu valor. No contorno dos gráficos por ordenador, se unha imaxe se desexa representar sobre un fondo, as áreas transparentes márcanse cunha máscara binaria. Nas direccións IP, utilízanse as máscaras para determinar a dirección da rede.
Traducions
Tradución portugués: 
máscara
Tradución castelán: 
máscara
Tradución francés: 
masque
Tradución inglés: 
mask; netmask
Tradución alemán: 
Bitmaske